leucobase

leucobase

(< leuco- + base)

s f [QUÍM]

Forma reducida incolora dalgúns colorantes derivados do trifenilmetano (verde malaquita, rosanilina, cristal violeta), coñecidos como colorantes de tina. Empréganse no tinguido do algodón. A leucobase por oxidación sobre a mesma fibra convértese no correspondente alcohol terciario (base incolora), que por escaldado, en presenza de ácido, dá a forma quinónica, descolorida.