levador -ra

levador -ra

(< levar)

  1. adx e s

    Que ou quen leva.

  2. adx e s

    Que ou quen posúe unha herdade común con outro ou outros.

  3. adx e s

    Que ou quen ten en arrendo unha herdade ou unha leira e a traballa cunhas condicións predeterminadas.

  4. s

    Persoa que recada fondos para organizar unha festa.

  5. s m pl

    Par de madeiros grosos que cruzan a sección do eixe no folón, dispostos perpendicularmente un ao outro en planos distintos e que baten alternativamente nas zapatas das almancas co fin de erguer os mazos.