levantamento

levantamento

(

  1. s m

    Acción e efecto de levantar ou levantarse.

  2. s m [BÉL]

    Rebelión ou alzamento armado que ten por finalidade derrocar o poder establecido ou tentar que este cambie de traxectoria política.

  3. [XEOG]
    1. s m

      Conxunto de operacións xeométricas que son precisas para realizar un plano ou un mapa topográfico, sobre o terreo ou valéndose de fotografías aéreas.

    2. s m

      Plano ou mapa trazado con esta técnica.

    3. s m

      Trazado que se fai nun mapa topográfico para sinalar os contornos xeolóxicos segundo os afloramentos do terreo.

    4. levantamento topográfico

      Conxunto de accións técnicas que se levan a cabo para determinar a dimensión, a forma e a posición dos feitos físicos e humanos dun determinado espazo para logo poder representalos nun mapa.

  4. levantamento do cadáver [DER]

    Dilixencia que fai un xuíz, acompañado dun médico, pola que recoñece un cadáver e pola que dá orde do seu traslado ao lugar onde se realizará a autopsia.