Levante, Estados Latinos de
Levante, Estados Latinos de
Estados que xurdiron das conquistas territoriais dos grandes señores feudais, especialmente durante a Primeira Cruzada, que aproveitaron a división temporal do Islam na rexión e ocuparon o val do río Orontes coa cidade de Antioquía (1098), que se converteu no Principado de Antioquía; Xerusalén (1099), que se transformou no Reino de Xerusalén; os territorios situados no curso superior do Éufrates, que constituíron o Condado de Edessa; e o condado de Trípoli, na costa mediterránea. A caída do Condado de Edessa (1144) levou á predicación da Segunda Cruzada. Os últimos restos dos Estados Latinos mantivéronse ata 1291.