Levellers

Levellers

Facción republicana radical inglesa, coñecida tamén como Niveladores. Durante a guerra civil reclamou a abolición da monarquía, a ampliación dos dereitos do Parlamento e o reparto igualitario dos bens entre os membros da sociedade cristiá. Estas reivindicacións atoparon eco nunha parte do exército, que se amotinou en 1649. Cromwell e Fairfax reprimiron a insurrección.