lexicoloxía
lexicoloxía
(
s
f
[LING]
Estudio sincrónico da significación das palabras, como elementos interdependentes dunha estrutura de carácter social. Subordinada á lexicografía ata o s XX, os novos conceptos metodolóxicos de Ferdinand de Saussure, primeiro, e do Círculo Lingüístico de Praga, máis tarde, transformárona nunha ciencia autónoma, independente tanto da lexicografía como da morfoloxía, a etimoloxía e a estilística. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].