lexislación

lexislación

(

  1. s f

    Acción de lexislar.

  2. [DER]
    1. s f

      Conxunto de leis que regulan a vida xurídica dunha comunidade. En rigor e historicamente, só cabe empregar esta expresión naquelas sociedades en que as normas escritas, revestidas de carácter xeral e superiores a calquera outra norma xurídica, son ditadas por institucións especializadas. En sentido lato, e a pesar de que deriva do termo lei, non se refire en exclusiva ás leis elaboradas por un parlamento, senón que se inclúen tamén normas ditadas por autoridades executivas e administrativas (lexislación delegada, decretos e regulamentos) ou mesmo para referirse a normas emanadas de entidades non estatais (por exemplo, lexislación internacional ou eclesiástica).

    2. s f

      Conxunto de normas positivas escritas dun estado ou relativas a un determinado ámbito material, civil, penal ou laboral, que regula unha rama determinada da actividade dunha comunidade.

    3. lexislación aduaneira

      Conxunto de disposicións legais, regulamentarias e administrativas que a aduana está expresamente encargada de aplicar en virtude das atribucións que lle foron outorgadas por lei.

    4. lexislación alimentaria

      Conxunto de disposicións para evitar e sancionar as infraccións económicas ou hixiénico-sanitarias en alimentos.

    5. lexislación social

      Conxunto de normas de carácter estatal ou sectorial para tutelar a integridade dos dereitos adquiridos dos traballadores e para promover o seu desenvolvemento económico e social. A nivel internacional está a instancias da Organización Internacional do Traballo. Comprende a seguridade social, a normativa administrativa do traballo e a asistencia social.

  3. s f [DER]

    Ciencia das leis e dos códigos.