lexislatura
lexislatura
(
-
s
f
[DER]
Período de vixencia dun colexio parlamentario, que vai desde a elección dos membros dunha cámara ata a expiración natural ou anticipada do mandato parlamentario. En España, tanto nas Cortes Xerais como nos Parlamentos autonómicos, o período natural das lexislaturas é de catro anos.
-
s
f
[DER]
Conxunto de órganos lexislativos.