Liaoning

Liaoning

Sheng de China, situado na rexión de Nordés (145.700 km2; 42.380.000 h [2000]). A capital é Shenyang. A rexión central, drenada polo río Liao, é a zona máis densamente poboada. É unha rexión industrial pola presenza de carbón, de ferro e as boas comunicacións ferroviarias. Formouse en 1954 da unión de dúas antigas provincias, Liaotung e Liaosi, e foi ampliada en 1956 pola parte oriental da provincia de Joho.

Palabras veciñas

Lianyungang | Liaocheng | Liaodong | Liaoning | Liaoyang | Liaoyuan | liar