libélula

libélula

(< lat científico Libellŭla)

s f [ANIMAL/ENTOM]

Insecto, da orde dos odonatos, que presenta dous pares de ás membranosas, con venación complexa, antenas filiformes e curtas, ollos grandes e prominentes e abdome delgado. Tamén se utiliza para denominar a suborde dos anisópteros, que ten as ás anchas na base e adoptan unha posición horizontal cando o animal descansa.

Palabras veciñas

Libby, Willard F. | libelista | libelo | libélula | libelúlido -da | líber | Liber