libido

libido

(< lat libīdo)

s f [PSIC]

Impulso e forza creadora da enerxía vital que, segundo S. Freud, xorde do eros e orixina e dirixe as manifestacións de impulso sexual, aínda que non sempre corresponde á efectiva capacidade sexual do suxeito, de xeito que unha exaltada libido pode acompañar unha impotencia sexual. Oposta ao impulso de destrución, a libido está condicionada por factores hormonais, psicolóxicos e nerviosos.