licencia
(
-
-
s
f
Declaración pola que alguén expresa que non se opón á realización de algo determinado e establecido previamente.
-
s
f
Documento que acredita un permiso oficial para que alguén poida desenvolver certa actividade.
-
s
f
Concesión oficial para a venda ou comercialización de produtos.
-
s
f
[DER]
Procedemento administrativo que se utiliza para aplicar os réximes de licencias de importación. Require a presentación, diante do órgano administrativo pertinente, dunha solicitude con outra documentación, distinta da necesaria para os efectos arancelarios, como condición para efectuar a importación no territorio arancelario do membro importador. Distínguese entre licencias automáticas e non automáticas.
-
s
f pl
[RELIX]
Concesións que fai un superior a un eclesiástico para exercer o ministerio.
-
licencia absoluta
[BÉL]
Licencia que se concede aos militares para eximilos definitivamente das súas obrigas.
-
licencia de explotación
[ECON]
Autorización que concede o titular dunha patente a un terceiro, para a súa utilización en determinadas condicións.
-
licencia de exportación/ importación
[ECON]
Autorización da administración para exportar ou importar unha certa cantidade de mercadorías e que regulamenta a súa comercialización.
-
licencia de obra
[DER]
Permiso administrativo para levar a cabo actuacións relacionadas coa construción.
-
licencia fiscal
[DER]
Imposto directo que se paga para poder desenvolver calquera tipo de actividade económica. Actualmente denomínase imposto sobre actividades económicas (IAE).
-
licencia marital
[DER]
Autorización que outorgaba o marido en favor da muller para que cumprise determinados actos que a lei non consideraba válidos sen a súa autorización, como asinar contratos, obter o permiso de conducir ou abrir ou intervir contas bancarias. Foi suprimida en 1975.
-
licencia paterna
[DER]
Licencia que precisaban os menores de idade para a realización de determinados actos xurídicos.
-
s
f
-
s
f
Permiso temporal para ausentarse dun emprego ou servicio, tanto civil como militar.
-
s
f
Grao de licenciado.
Sinónimos: licenciatura. -
s
f
Liberdade excesiva ou abuso de liberdade que fai alguén, en especial referido aos costumes morais.
-
licencia poética
[LIT]
Infracción das leis da linguaxe ou da métrica admitida na composición dun poema.