Liceo de Santiago
Liceo de Santiago
Asociación recreativa e cultural creada o 1 de xaneiro de 1847 en Santiago de Compostela. As súas actividades remataron en 1848, pero cara a 1854 fundouse no antigo convento de Santo Agostiño un novo liceo denominado Liceo de la Juventud de Santiago de Compostela. Esta nova asociación aglutinou a mocidade intelectual, dos que destacaban Murguía, Rodrigues Seoane e Paz Novoa e Pondal.