licuefacción

licuefacción
  1. s f

    Acción e efecto de licuar ou licuarse.

    Sinónimos: licuación, liquidación.
  2. s f [FÍS/QUÍM]

    Proceso que só se pode efectuar por debaixo da temperatura crítica. Cando esta temperatura é inferior á temperatura ambiente, fálase de condensación, no caso contrario, denomínase propiamente licuefacción, a pesar de que, desde un punto de vista físico, se trata do mesmo fenómeno. Para acadar a licuefacción pode someterse o gas a compresión, a refrixeración ou ben a ambas as dúas operacións combinadas. O primeiro sistema que se empregou foi a refrixeración. O segundo sistema, empregado por primeira vez por C. von Linde en 1895, fundamentóuse no efecto Joule-Thompson, co que se poden obter temperaturas moi baixas. En 1902, G. Claude introduciu unha modificación ao método Linde, na que, mediante presións elevadas, se aproveita a expansión para producir un traballo exterior.

    Sinónimos: licuación, liquidación.
  3. s f [FÍS]

    fusión.

  4. licuefacción do carbón [QUÍM]

    Procedemento que se emprega para obter gasolina e outros produtos enerxéticos a partir do carbón. O procedemento máis utilizado é o de Fischer-Tropsh.

Palabras veciñas

licuable | licuación | licuar | licuefacción | licuefacto -ta | licuescencia | licuescente