líder

líder

(< ingl leader ‘guía’)

  1. s
    1. Persoa que dirixe ou representa a un grupo social ou político.

      Ex: O líder do partido deu un mitin na cidade. É o líder da clase.

    2. Animal que encabeza unha manda ou grupo.

      Ex: O vello garañón era o líder da manda de cabalos.

  2. s

    Persoa ou equipo que encabeza unha competición deportiva.

  3. s

    Persoa ou cousa que é a mellor en algo.

    Ex: Leva a representación dunha marca líder en cosmética. Son os líderes de vendas na provincia.

Palabras veciñas

liddita | lide | lideira | líder | liderado | liderar | Lidia