liliáceo -a

liliáceo -a

(< lat científico Lilium)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás liliáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das liliáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas herbáceas a miúdo bulbosas, rizomatosas ou tuberosas, da orde das liliais, xeralmente de flores actinomorfas e hermafroditas e froito de condición moi variada. Comprende preto de 2.800 especies, moitas delas con interese medicinal ou alimentario.

Palabras veciñas

2 lila | lilaina | Lilar, Françoise | liliáceo -a | lilial | Lilibeo, cabo | Liliencron, Detlev von