Limonium
Limonium
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das plumbaxináceas, que presenta follas simples en mouta basal, e flores actinomorfas, hermafroditas e agrupadas en acios laxos. En Galicia están presentes as especies L. dodarti e L. vulgare que florecen en zonas costeiras.