limpeza

limpeza

(< limpo)

  1. s f

    Acción e efecto de limpar.

    Ex: Comezaron coa limpeza do parque. Hai que darlle unha limpeza ó coche.

    Sinónimos: limpa, limpadura.
  2. s f

    Calidade de limpo.

    Ex: A fonda destacaba pola súa limpeza. Ninguén dubida da limpeza coa que actuou.

    Confrontacións: limpidez.
  3. limpeza de sangue [HIST]

    Feito de non ser fillo ou descendente de xudeus, mouriscos ou herexes. Durante o s XV apareceron en España as primeiras regulamentacións en institucións relixiosas ou universitarias, denominadas estatutos de limpeza de sangue, como normas particulares dunha orde determinada ou dunha universidade, que impedían aos conversos e aos seus descendentes ocupar postos e cargos nelas. No s XVI estendéronse polas congregacións e institucións de carácter relixioso, universitario, militar, civil ou gremial. Malia que inicialmente contaron coa oposición dos monarcas e do papado, co paso do tempo a igrexa adoptounos e os reis ditaron normas ao respecto.

Refráns

  • A limpeza dáa Deus de balde para quen a queira usar/saiba usar.
  • As mans lavadas Deus dálIes que coman.
  • Non é limpo o que limpa, é limpo o que non lixa.
  • O día que non se varre, entra na casa quen non se sabe.
  • Se te lavas, Bras, a rela quitarás e limpo quedarás.
  • Sopas e sartén son parcas pero saben ben.
  • Tan limpa é a miña nora que mesmo os alIas limpa.

Palabras veciñas

limpeiras | limpeiro | Limpeiro | limpeza | limpidez | límpido -da | limpo -pa