linfocina

linfocina
s f [FISIOL]

Nome xenérico dun grupo de substancias liberadas polos linfocitos durante a resposta inmunitaria. Estimulan a actividade dos monocitos e dos macrófagos que promoven a inmunidade celular. Son linfocinas os factores de inhibición da migración quimiotáctica, as interleucinas ou os interferóns.