1 linguado
(
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Nome que reciben diversos peixes, do xénero Solea, da familia dos soleidos.
-
linguado bravo
[ANIMAL/ICT]
acedía.
-
linguado común
[ANIMAL/ICT]
Peixe, da orde dos pleuronectiformes, que pode acadar ata 45 cm de lonxitude, ten o corpo asimétrico, oval e moi aplanado, cabeza pequena e redondeada, boca lateral e ollos pequenos e xuntos. As aletas dorsal e anal están ligadas á caudal por medio dunha membrana, a aleta caudal presenta bordos posteriores redondeados, e a pectoral do lado cego, unha mancha negra. A súa coloración é pardo grisácea na parte superior, con manchas redondas, irregulares e escuras, e a cara interna é de cor clara. Aliméntase de moluscos, poliquetos e pequenos crustáceos. Habita nos fondos lodosos e areosos, desde a costa ata os 200 m e a unha profundidade de 10-70 m. É común nas costas occidentais de Europa e África e no Mar Mediterráneo. Captúrase con trasmallo, arrastre e tamén con rascos e miños.