linguaxe
(< occit antigo lenguatge)
-
s
f
[LING]
-
Facultade humana de poder comunicar os propios pensamentos ou sentimentos a un receptor ou interlocutor mediante un sistema ou código determinado de signos interpretable por el. Por isto a linguaxe supón un aspecto individual e un aspecto social. Segundo o sistema de signos, pode haber moitas clases de linguaxe: auditiva (ou falada), visual, olfactiva ou táctil, entre outras. Prodúcese linguaxe sempre que dous individuos, que lle atribúen convencionalmente certo sentido a un acto determinado, o executan coa finalidade de comunicarse entre eles. Pero entre as diversas linguaxes posibles, destaca, como tal, a linguaxe auditiva, falada ou articulada, a miúdo representada pola linguaxe visual, en tanto que pode ser substituída pola súa expresión gráfica. A linguaxe articulada, a única que é obxecto de estudo da lingüística, realízase gracias a un sistema de signos aos que o home atribuíu un valor obxectivo e que puido facer variar convencionalmente ata o infinito. Este sistema de signos é a lingua, norma de calquera manifestación da linguaxe. Segundo Ferdinand de Saussure, a lingua non se confunde coa linguaxe; a lingua é unha parte esencial da linguaxe. É, ademais, un produto social da facultade da linguaxe e un conxunto de convencións necesarias, adoptadas pola sociedade para permitir o exercicio desta facultade nos individuos, que é a fala. Polo tanto, a linguaxe, como facultade específica do home, necesita para manifestarse o binomio lingua e fala.
-
linguaxe lóxica
Linguaxe en que predomina a función representiva.
-
-
s
f
Maneira de expresar o pensamento por medio da palabra.
Ex: Usa unha linguaxe moi coidada.
-
s
f
ocabulario e fraseoloxía propia dunha arte, dunha rama da ciencia ou doutro sistema.
Ex: A linguaxe xurídica é difícil de comprender.
-
s
f
Conxunto de sinais comunicativos para o intercambio de información, que empregan algúns seres vivos.
Ex: As abellas teñen unha linguaxe baseada nunha especie de danza.
-
[INFORM]
-
s
f
Conxunto de símbolos e de normas de uso que permite presentar os programas nun ordenador.
-
linguaxe conversacional
Linguaxe que ten características conversacionais ou que se usa en sistemas conversacionais. Conteñen moitos elementos propios máis próximos a unha linguaxe de control de tarefas.
-
linguaxe de alto nivel
Linguaxe de programación que é teoricamente independente da máquina que a utiliza, como é o caso de Fortran, Cobol, Basic, Lisp ou APL.
-
linguaxe de baixo nivel
Linguaxe de programación que depende esencialmente da máquina que utiliza. Son exemplos típicos a linguaxe de semellanza e a de máquina.
-
linguaxe obxecto
Linguaxe resultante ou linguaxe descrita por unha metalinguaxe.
-
linguaxe resultante
Linguaxe na que son formulables as sentencias que son o resultado dun proceso de tradución.
-
s
f
-
xogo de linguaxe
[FILOS]
Concepto desenvolvido por Wittgenstein na súa obra Philosophische Unterschungen (Investigacións Filosóficas, 1953) e referido aos diferentes usos da linguaxe.