linotipo

linotipo

(< ingl linotype)

s m [GRÁF]

Máquina de composición tipográfica que funde ao momento o metal en pezas que conteñen todas as letras dunha mesma liña. Foi inventada en 1886 polo alemán Ottmar Mergenthaler e contituíu unha revolución no mundo tipográfico. Consta dun teclado de 90 pezas onde se aliñan as matrices. Comprimindo as teclas libéranse as matrices correspondentes que caen ao compoñedor; de aí van ao primeiro elevador, que as recúa e as pon diante do molde, momento en que os espaciadores xustifican a liña. Posteriormente inxéctase o metal derretido (unha aliaxe de chumbo, estaño e antimonio) para formar unha liña-lingote.

Palabras veciñas

linotipia | linotípico -ca | linotipista | linotipo | Lins, Osman | lintel | Linterna, La