lipase
lipase
(< 1 lipo + -ase ‘enzima’)
s
f
[BIOQ]
Enzima do grupo das esterases que hidroliza enlaces éster das graxas neutras. A lipase do suco pancreático é responsable da dixestión das graxas neutras da dieta no duodeno. A lipoproteína lipase libera os triglicéridos das lipoproteínas para que poidan ser almacenadas. Hai outras lipases que liberan ácidos graxos de reserva que serven de fonte de enerxía para o organismo.