lista

lista

(

  1. s f

    Raia ou faixa de cor ou relevo diferente nunha tea ou superficie.

    1. s f

      Serie enumerativa de nomes de persoas ou cousas dispostas de forma ordenada unhas detrás doutras.

      Sinónimos: listaxe.
    2. lista de espera

      Relación de persoas que agardan un servicio.

    3. lista de voda

      Relación de obxectos que interesan aos noivos e que se expón nunha tenda determinada para que os invitados os vaian mercando como regalo.

    4. lista electoral [POLÍT]

      Documento público onde se escriben todos os electores dunha circunscrición, unha entidade ou unha empresa.

    5. lista negra

      Relación secreta de persoas ou entidades ás que hai que perseguir porque se consideran indesaxables ou sospeitosas de algo.

  2. s f [HERÁLD]

    Peza diminuída de primeiro grao, que equivale a unha barra reducida á metade da súa anchura.

  3. s f [MAR]

    Clasificación administrativa das embarcacións da Dirección General de la Marina Mercante (R D 1027/1989).

  4. lista civil

    Presuposto que o estado asigna ao seu presidente ou, nos sistemas monárquicos, ao rei e a súa familia.

  5. lista de correos
    1. Modalidade de servizo de correos pola que a correspondencia se reserva na oficina de correos para a disposición do destinatario, especialmente cando está ausente do domicilio.

    2. Lugar da oficina de correos destinada a este servicio.

  6. lista de embalaxe

    Documento que proporciona datos sobre a forma de embalaxe das mercadorías ou sobre o contido dos diferentes caixóns, caixas ou fardos; así mesmo, especifica os pesos e dimensións de cada un dos bultos da expedición.

Frases feitas

  • Pasar lista. Comprobar a presenza de persoas ou cousas que figuran nunha relación.

  • Pasar lista. Comprobar a presenza de persoas ou cousas que figuran nunha relación.