Listanco, pazo de
Listanco, pazo de
Construción situada en Armeses (Maside). Datado a comezos do s XIX, ten planta en forma de escuadro e dúas alturas, cun patio no ángulo que está configurado pola vivenda e o muro. Próximo a el atópase a capela de Santa Mariña, que puido ser da súa propiedade.