liteira

liteira

(< cat llitera)

  1. s f [HIST/RELIX]

    ehículo que consiste nunha especie de caixa de coche con dous paos horizontais diante e dous detrás para que se poida transportar cos brazos ou cun animal. Na antigüidade foi unha especie de cama portátil, cuberta por veces cun baldaquino para o transporte de persoas enfermas ou ricas. Xa existían no antigo Exipto e en Grecia, en Roma eran símbolo de distinción e riqueza, pero caeron en desuso a partir do s XVIII. O nome tamén se aplica na arte relixiosa ao conxunto dun cadaleito que soporta unha imaxe xacente, cuberto por un baldaquino.

  2. s f

    Cama fixa sobreposta unha por riba doutra que teñen algúns medios de transporte, como o barco ou o tren.

  3. s f
    1. Moble formado por dúas camas superpostas.

      Ex: No seu cuarto dormen en liteira.

    2. Cada unha das dúas camas do moble.

      Ex: Eu prefiro durmir na liteira de arriba.