litio

litio

(< gr λιθιον)

  1. s m [QUÍM]

    Elemento químico de cor branca-prateada, que pertence ao grupo I A ou dos metais alcalinos. Foi descuberto en 1817 por J. A. Arfvedson. Funde a 180,54°C e son raros os minerais que o conteñen en máis dun 2%. Aparece sobre todo en forma de silicatos e de fosfatos, como a lepidolita, a ambligonita e a petalita. Obtense por electrólise do cloruro de litio fundido a 410°C. En forma de aliaxes Al-Li, emprégase para a fabricación de chumaceiras, como combustible para avións e mísiles, así como na industria cerámica, pois fai baixar a temperatura de vitrificación e o coeficiente de dilatación.

  2. hidróxido de litio [QUÍM]

    Composto que se emprega para eliminar o dióxido de carbono nos sistemas de ventilación das naves espaciais e submarinos.

    Sinónimos: litina.