litorínido -da
litorínido -da
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos litorínidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Molusco gasterópodo da familia dos litorínidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de moluscos que habita nas zonas litorais intermareais e que presenta unha cuncha en espiral, maciza, que se pecha mediante un opérculo. O pé está cara a diante e a rádula é longa e estreita. En Galicia o xénero máis común é Littorina, que se pode atopar pegado ás rochas cando baixa a marea.