litotripsia
(
-
s
f
[MED]
Trituración dun cálculo.
Sinónimos: litotricia. -
s
f
[MED]
Operación cirúrxica que consiste en desfacer mecánicamente un cálculo, biliar ou renal principalmente, para facilitar a súa extracción.
Sinónimos: litotricia. -
litotripsia extracorpórea por ondas de choque
[MED]
Método non invasivo de litotripsia en que un aparato axeitado, denominado litotriptor, xera ondas de choque que, orientadas por un reflector elipsoidal, converxen focalmente no cálculo renal dun paciente parcialmente somerxido en auga. A localización do cálculo renal determínase grazas a un sistema biaxial de raios X ou, máis modernamente, con aparatos de ultrasóns. A destrución do cálculo é selectiva e baséase en que no punto de entrada das ondas se orixinan forzas de comprensión, mentres que no extremo oposto do cálculo, por inversión durante a fase de reflexión, orixínanse forzas de tracción. O cálculo, así, fragméntase en partículas pequenas, semellantes a unha area fina, que son eliminadas espontaneamente por vía urinaria.