Livro de Merlin
Texto portugués de comezos do s XIV que recolle dúas pasaxes da Suite du Merlin francesa (peza central do ciclo da Post-Vulgata). Está constituído por tres follas de pergameo que conteñen pasaxes do Merlin e que foi descuberto por A. Soberanas mentres estudiaba o Chronicon de Antonino Pierozzi. Trátase dunha reelaboración de motivos de longa tradición na materia de Bretaña, como os raptos feéricos ou a concepción do Alén como unha terra marabillosa. Constitúe o testemuño da grande aceptación que tiveron as obras de temática artúrica na parte occidental da Península Ibérica, motivada polos intercambios cultuais que se desenvolveron a través do Camiño de Santiago, pola proximidade entre os reinos da Coroa de Aragón e Provenza, pola política patrimonial dos reis de Castela e León e polas alianzas de Portugal con Inglaterra e Francia.