Lobás, San Pedro de
Lobás, San Pedro de
Antigo mosteiro que puido estar situado en Lobás (O Carballiño). Coñecido tamén como Lobanes ou Lobaes, era de monxas beneditinas e está documentado en distintas doazóns desde o s XII. Posuía un couto e exercía dereitos de presentación nas parroquias veciñas. En 1504 o Papa Xulio II confirmou a súa unión a San Paio de Antealtares, que se realizou en 1515.