Lobeira, mámoas de
Lobeira, mámoas de
Monumentos megalíticos situados no monte das Motas e a serra de Laboreiro, como a de Cabreira, as de Outeiro das Moas ou as de Corno Dourado. No primeiro lugar contabilizáronse 11 mámoas, con forma poligonal, escavadas algunhas por López Cuevillas en 1923. Existe outro conxunto, de maiores dimensións, no N da Fraga, cunhas características moi semellantes ás do N de Portugal. Estas terras teñen vestixios arqueolóxicos que datan en 3000 a C.