2 lobo -ba
(< lat lupu)
-
s
[ANIMAL]
Mamífero carnívoro de cabeza grande e redondeada, cos maseter moi desenvolvidos, orellas curtas e triangulares, pescozo robusto e patas lixeiramente fendidas. A pelaxe é gris parda, máis escura no pescozo, no lombo e na cola. As meixelas son brancas e, os ibéricos, presentan unha liña escura nas patas anteriores que pode chegar ao peito. Miden 100-140 cm de corpo-cabeza e 30-50 cm de cola, aínda que os machos son lixeiramente maiores ca as femias, e pesan entre 32 e 46 Kg os machos e entre 28 e 38 Kg as femias. O lobo é un carnívoro social que vive en mandas xerarquizadas, que se compoñen dunha parella reprodutora e as súas crías de varios anos. As mandas ocupan territorios de entre 100 e 500 Km 2 , que delimitan mediante unha marcaxe olfactiva (excrementos e ouriños) e ouveando, en que viven entre cinco e dez exemplares. Adoita ser nocturno para evitar o contacto co home, é moi adaptable, ten unha gran capacidade de colonización e o celo prodúcese entre xaneiro e abril. É esencialmente un cazador de ungulados, tanto silvestres coma domésticos, aínda que pode consumir todo tipo de presas, como lagomorfos, prea e ocasionalmente froitos. É un cazador de acoso e moi resistente nas persecucións. En Galicia, a dieta do lobo componse de mamíferos domésticos, silvestres e de froitos en xeral. En Galicia distínguense tres zonas segundo a dieta: a zona occidental, con moito gando semibravo (o 95% da dieta son mamíferos principalmente domésticos); a zona das serras dos Ancares, Courel, Invernadeiro e áreas orientais e surorientais galegas, onde a dieta ten baixa proporción de mamíferos (80%) e os domésticos non acadan o 50%; e a Galicia baixa, onde é moi escaso, o medio está moi alterado e poboado polo home, polo que a dieta varía moito. En zonas concretas pode basear a súa dieta nunha soa especie. É capaz de vivir en calquera medio que lle proporcione alimento e vexetación de cobertura. A severa persecución da que foi e é obxecto, debido a que caza gando doméstico, relegouno a zonas despoboadas e remotas, pero nas últimas décadas permitiulle colonizar áreas moi humanizadas e incluso zonas agrícolas deforestadas sen a penas ungulados silvestres. En España ten unha distribución continua no cuadrante noroccidental e en Galicia está relativamente ben distribuído, con poboacións nómades, sendo un depredador de status flutuante. As poboacións máis estables están nas provincias de Lugo e Ourense, e está presente na maior parte das serras, sendo máis abondoso nas máis orientais. Existen parellas asociadas en pequenos grupos que están moi dispersos, algúns mesmo illados, e outros como os de Guitiriz, Xermade, Muras, A Pontenova, Fonsagrada, Navia, Cervantes, As Nogais, Folgoso do Courel en Lugo, e Carballeda, A Veiga, Manzaneda e Viana do Bolo en Ourense están máis interrelacionados e estables. Pode vivir desde as proximidades do litoral (pouco frecuente pola presión antropóxena), ata os 1.600 m de altitude. A pesar de estar protexido, aínda se dan prácticas ilegais como envelenamentos, cepos, lazos ou batidas. A figura do lobo está intimamente ligada ao folclore galego e á vida dos galegos. Ao longo dos séculos desenvolveuse unha aversión ancestral cara a el, motivado por un poboamento moi espallado do home en Galicia, que fixo que interrelacionara multitude de veces co lobo. Son moitas as historias de lobos que seguían á xente pola noite, presuntamente para atacalos. Pero o certo é que son moi raros os casos de ataque ao home, ao que máis ben teme. Algúns autores fan referencia ao lobo, como Anxel Fole nos seus “Contos de lobos”, e Manuel Murguía, que fai mención á relación antitética entre a lúa e o lobo, que se recolle nalgunhas lendas. En canto á toponimia son moitos os nomes que fan alusión á especie, como Loboso, Lobomorto, Lobeira, Serra da Loba, Castro do Lobo, As Lobeiras ou Lobelle. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando mata o lobo, mata para todos. Cando o lobo vai roubar, lonxe das casas vaino buscar. Cando un lobo come a outro, non hai que comer no souto. En terra de lobos, oubear coma todos. Lobo famento non ten asento. Lobo tardeiro non volve baleiro. O fillo do lobo lobiño é. O lobo farto de carne, meteuse frade. O lobo e o raposo non son bos compañeiros. O lobo muda o pelo, máis non o vezo. O lobo vello de noite oubea. Quen con lobos anda, oubear aprende. Son lobos dunha camada: se algún non esfola é que mata. Toda carne come o lobo, menos a súa, que a lambe. Un lobo a outro lobo non se comen nin se morden”.
-
[HERÁLD]
-
s
m
Figura que se distingue da do zorro polo feito de que leva o rabo erguido. Xeralmente represéntase pasante ou correndo. Tamén adoita aparecer espelicado e pintado de goles.
-
lobo cerval
Animal fabuloso con cabeza de lince posto de cara coas orellas dereitas, corpo de panteira e manchas e cola de gato de cor escura.
-
s
m
-
s
m
[BÉL]
Gancho de ferro que se emprega polos sitiados para defenderse dos ataques con arietes.
-
lobo das praderías
[ANIMAL]
coiote.
-
lobo mariño común
[ANIMAL]
Mamífero carnívoro que mide entre 145-200 cm de lonxitude e pesa ata 100 Kg, sendo as femias de menor peso ca os machos. A pel é gris, castaña ou amarelada, salpicada por pequenas manchas. A cabeza é grande e redondeada, o fociño curto e ten as extremidades adaptadas á vida acuática, onde se desenvolve mellor ca terra, e polo que se despraza impulsándose coas extremidades anteriores. Aliméntase principalmente de peixes, dalgúns cefalópodos e crustráceos, e habita nas costas do Atlántico e do Pacífico N. En Europa está distribuído desde as costas de Portugal ata Islandia, ocupa zonas de augas pouco profundas e pode chegar a remontar algún río. Na Península ibérica, é a segunda especie con máis rexistros despois da foca cinsenta (Halichoerus gripus), procedendo estes principalmente das costas galegas e portuguesas. O seu principal depredador é o home, que o captura polo interese da súa pel, e porque comen peixes de importancia comercial, como o salmón.
-
lobo marsupial/de Tasmania
[ANIMAL]
Mamífero marsupial de 1-1,5 m de lonxitude, e 60 cm de cola, ríxida e rematada en punta. Ten un aspecto similar ao lobo pequeno, pero co corpo menos alongado, as patas máis curtas e o pelo pardo e curto con bandas negras no lombo. O último exemplar vivo é de 1933, polo que se cre que está extinto. Habitaba en Tasmania e a súa extinción puido deberse á competencia cos dingos e os cans, porque foi cazado por pastores de ovellas para evitar que mataran o seu gando ou tamén puido influir a destrución do seu hábitat. Intentouse criar en catividade, pero non se conseguiu.
Frases feitas
-
Comer coma un lobo. Comer moito e vorazmente.
-
Comer coma un lobo. Comer moito e vorazmente.
-
Lobo mariño/de mar. Mariñeiro moi experimentado; antano, pirata de mar.
-
Lobo mariño/de mar. Mariñeiro moi experimentado; antano, pirata de mar.
-
Lobos dunha camada. Aplícase ás persoas que non se fan mal entre eles por ter os mesmos intereses ou inclinacións.
-
Lobos dunha camada. Aplícase ás persoas que non se fan mal entre eles por ter os mesmos intereses ou inclinacións.
-
Lobos te coman. Expresión que se utiliza para maldicir a alguén que exaspera ou irrita.
-
Lobos te coman. Expresión que se utiliza para maldicir a alguén que exaspera ou irrita.
-
Meterse na boca do lobo. Poñerse ou meterse alguén nunha situación perigosa.
-
Meterse na boca do lobo. Poñerse ou meterse alguén nunha situación perigosa.
-
Negro coma boca de lobo. Moi escuro.
-
Negro coma boca de lobo. Moi escuro.
-
Verlle as orellas ao lobo. Ver ou intuír un perigo.
-
Verlle as orellas ao lobo. Ver ou intuír un perigo.
-
Viches o lobo? Expresión coa que se indica que alguén fixo algo que non debía ou fóra no normal."
-
Viches o lobo? Expresión coa que se indica que alguén fixo algo que non debía ou fóra no normal."