Lockheed Aircraft Company
Lockheed Aircraft Company
Compañía estadounidense de construción aeronáutica, fundada en Hollywood en 1926 polos irmáns Allan e Malcolm Loughead. Construíron o avión máis avanzado do momento, o Vega (1926). En 1929 Lockheed foi vendida á Detroit Aircraft Corporation, que se declarou en creba en 1931. Posteriormente foi adquirida por un grupo liderado por Robert E. Gross. A nova compañía fabricou os avions Electra, Constellation e TriStar e ampliou os seus intereses á produción de aparatos militares, navais, astronáuticos e electrónicos. En 1995 fusionouse coa Martin Marietta Corporation e deu orixe á Lockheed Martin Corporation, que se dedicou á integración de sistemas, á aeronáutica, aos servicios tecnolóxicos e ás telecomunicacións globais.