Lodairo, ermida do
Lodairo, ermida do
Ermida situada en Carballeda (Carballeda de Avia). A súa advocación está adicada á Nosa Señora de Orarlo. O seu estilo é románico de transición, cunha soa nave con porta de arco apuntado e dúas arquivoltas sostidas por columnas de capiteis case uniformes. A nave non ten bóveda e o tellado sostense con vigas ao descuberto. O testeiro e a sancristía son dunha época posterior. Puido desempeñar as funcións de igrexa parroquial de Carballeda de Avia baixo o coidado dos templarios de Beade, e no seu interior destaca a imaxe da virxe do Lodairo de mediados do s XVII.