lófido -da

lófido -da

(< lat científico Lophius)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos lófidos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos lófidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Familia de peixes que presentan o corpo aplanado e cabeza e boca grandes. Son bentónicos, de cor encarnada e aliméntanse de peixes, luras e crustáceos. Nesta familia inclúese o Lophius budegassa (peixe sapo).