Lombo da Costa, laxe do
Lombo da Costa, laxe do
Pedra gravada do conxunto arqueolóxico situado en San Xurxo de Sacos (Cotobade). Destaca polo seu tamaño, con máis dun metro de diámetro. No anel exterior do labirinto ten unha figura zoomórfica, unida polo traseiro a outro pequeno labirinto. Do centro do labirinto principal parten tres radios, e un deles prolóngase cara ao exterior, onde se arriman dous animais que achegan as cabezas ata case tocar a liña.