lombriga

lombriga

(< lat lumbrīcu)

  1. s f [ANIMAL]

    Nematodo de corpo alongado que vive parasito no intestino das persoas, especialmente dos nenos, nutríndose do seu contido intestinal e do sangue que zuga a través dos epitelios. Mide entre 15-35 cm de lonxitude e presenta cor branca, con finas estriacións na cutícula. Os ovos entran no home por inxestión, no instestino a larva eclosiona e tras atravesar o epitelio intestinal migra polo sangue ata os pulmóns, onde tras acadar o tamaño apropiado, pasa a través da glote ao esófago, e de novo ao intestino, onde se instala definitivamente e onde libera ovos que saen ao exterior coas feces. A súa sintomatoloxía varía dependendo do grao de infestación (dor abdominal, vómitos, obstrución intestinal, febre ou tos). A súa incidencia é moi elevada, especialmente en zonas onde a hixiene é deficitaria. Existe outra especie (Ascaris suum), que é parasito do porco, pero que pode chegar a infestar ao home, producíndolle obstrución intestinal.

  2. s f [ANIMAL]

    miñoca.

  3. s f [ANIMAL]

    coca de area.

Palabras veciñas

Lombopequeno | Lombreira | Lombreira | lombriga | Lombroso, Cesare | lombudo -da | Lomé