Lomé, Convenios de
Lomé, Convenios de
Acordos internacionais de carácter temporal, que asocian estados de África, Caribe e Pacífico, denominados estados ACP, aos países da Unión Europea. Recoñecen a libre entrada na Unión Europea dos produtos procedentes dos estados ACP, sen ningunha outra reciprocidade. Estes acordos, asinados despois do de Yaoundé, prevén a cooperación financeira e técnica para o desenvolvemento a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento e do Banco Europeo de Investimento (BEI). O 1 de marzo de 2000 entrou en vigor un novo acordo, asinado en Cotonu, cunha duración de 20 anos, que afecta a 77 países.