López

López
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, trece besantes de ouro, colocados en tres paos de catro, cinco e catro. Entre as numerosas variantes destacan: en campo de ouro, dous lobos de sable, pasantes, colocados en pau e acompañados de seis roeis de goles, colocados tres en faixa en xefe e outros tres en pau no flanco destro; en campo de ouro, unha aciñeira de sinople acompañada de dous lobos de sable pasantes, colocados en pao, o de arriba resaltado por detrás do tronco e o de abaixo resaltando o mesmo, e bordo de azul, cargado de oito aspas de ouro; en campo de ouro, tres bandas de goles; en campo de sinople, cinco cunchas de vieira, de ouro, colocadas en aspa; en campo de ouro, trece roeis de azul, en tres paos, de catro, cinco e catro; en campo de goles, un castelo de ouro, con dúas torres; en campo de ouro, unha flor de lis de azul; en campo de ouro, catro faixa de azul; en campo de ouro, unha banda de sable, acompañada de dous lobos de sable, un no alto e outro no baixo.