LORAN

LORAN
[MAR/TECNOL]

Sistema de radionavegación desenvolvido durante a Segunda Guerra Mundial polas forzas de EE UU. A situación obtense mediante a recepción de sinais radioeléctricos de alta frecuencia emitidos por dúas estacións terrestres de situación coñecida. A medida da diferenza dos tempos que tardan en chegar á nave os sinais de cada estación determina unha nova liña de posición. Outra estación determina unha nova liña de posición, e a intersección desta coa primeira dá a situación buscada.

Palabras veciñas

lora | Lora | Lora del Río | LORAN | lorán -na | lorantáceo -a | lorar