lorcho
-
s
m
Calzado vello e en mal estado.
-
[ANIMAL/ICT]
-
s
m
Nome xenérico con que se coñecen varias especies de peixes de familias diferentes, en especial dos blénidos, dos góbidos e dos ofididos. Son de tamaño pequeno coa cabeza grande e segundo as especies, poden ser comestibles. Dentro do xénero Gobius, concéntranse unha gran parte de peixes que reciben este nome, como o lorcho cabezudo (G. cobitis), o lorcho dourado (G. auratus) ou o lorcho sanguinolento (G. cruentatus). Os blénidos deferéncianse dos góbidos por ter unha longa aleta dorsal e pel escorregadiza, como o lorcho bolboreta (Blennius ocellaris) ou os representantes do xénero Lipophrys. Teñen interese na pesca deportiva ou de ocio.
Sinónimos: baralloca, zátaro. -
lorcho cabecinegro [cast: moma] [Tripterygion delaisi, Fam dos tripteríxidos]
Peixe que habita nos fondos, en sitios con pouca luz. Presenta aleta dorsal dividida en tres partes, as dúas primeiras espiñosas, e coloración variable. Os machos territoriais teñen a cabeza negra, e as femias e machos non territoriais son grisáceos. Aliméntase de invertebrados bentónicos.
-
lorcho cheirento [Parablennius sanguinolentus, Fam dos blénidos]
Peixe de pequeno tamaño, de ata 20 cm de lonxitude, sen escamas, que presenta a aleta dorsal continua. É gris con puntos e bandas doutras cores, herbívoro, e vive en pedregais de grava ou marxes de rochas.
Sinónimos: mógaro. -
lorcho da area [Pomatoschistus minutus, Fam dos góbidos]
Peixe de augas costeiras, en zonas areosas, que presenta ollos dorsolaterais, escamas na liña lateral e aleta caudal arredondada. As aletas dorsais están ben separadas, e os machos diferéncianse das femias porque non teñen o peito pigmentado e teñen unhas barras verticais negras nas costas.
-
lorcho das pedras [Gobius paganellus, Fam dos góbidos]
Peixe de augas interiores e da zona intermareal, con caluga con escamas, fazulas ás veces con escamas nun extremo, de cor acastañada e aleta caudal arredondada. Aliméntase de crustáceos e poliquetos.
-
lorcho negro [Gobius niger, Fam dos góbidos]
Peixe coa fazula sen escamas, de corpo baixo e alongado, cabeza grande con ollos laterais e aleta caudal arredondada. As femias son castañas, con puntos máis escuros nos costados e os machos máis escuros ca as femias, cunha mancha negra na parte anterior superior da aleta dorsal. Vive en augas interiores e aliméntase de lamelibranquios, poliquetos e larvas de quironómidos.
Sinónimos: chaparrudo, farro. -
lorcho transparente [Aphya minuta, Fam dos góbidos]
Peixe nectónico, de corpo translúcido, que vive en cardumes e que se alimenta de zooplancto.
-
s
m