Lotus
Lotus
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, da familia das fabáceas, que se caracterizan por ter follas imparipinnadas de 5 folíolos, flores solitarias ou dispostas en umbelas, e froito en legume, cilíndrico e con moitas sementes. En Galicia pódense atopar as especies L. corniculatus, L. pedunculatus, L. glareosus e L. tenuis.