loureiro
(< louro)
-
[PLANTA]
-
s
m
Árbore perennifolia, dioica, de 2 a 15 m de altura, que presenta follas verde escuras oblongas-lanceoladas e aromáticas, flores pequenas brancas e froito en baga, ovoide e negro. Florece entre febreiro e maio, e os froitos maduran no outono. En Galicia é moi abundante e medra en barrancos húmidos, de forma natural ou cultivada, a carón das casas de campo ou en solos de cultivo abandonados. É de interese o bosque da illa de Cortegada (Pontevedra). As súas follas utilízanse como condimento e tamén ten tradición como planta medicinal e ornamental. Antigamente utilizábase na confección de coroas cerimoniais e de triunfo.
-
loureiro de santo Antón
herba de santo Antón.
-
loureiro de tres nervios [Cocculus laurifolius, Fam das menispermáceas]
Árbore ou arbusto, de ata 5 m de altura, que presenta follas alternas, enteiras, lanceoladas e con tres nervios marcados, flores pequenas e amarelas dispostas en acios e froito en drupa.
-
loureiro negro [Cordia gerascanthus, Fam das boraxináceas]
Árbore de ata 20 m de altura e 35 cm de diámetro, copa arredondada, fuste xeralmente irregular, coa cortiza externa cinsenta, con leves fisuras lonxitudinais e agretada en forma de malla. A cortiza interna ten un aroma agradable e as pólas son glabras, castañas, lenticeladas e verticiladas. As follas son simples, alternas, glabras agrupadas ao final das pólas, lanceoladas ou elípticas. As flores preséntanse en cimas paniculadas, terminais e brancas, e os froitos son drupáceos e teñen unha soa semente. É orixinaria de México, Costa Rica, Colombia e Las Antillas. Florece entre xaneiro e marzo, e os froitos están presentes en marzo e abril. Medra en bosques secos caducifolios, desde o nivel do mar ata os 300 m de elevación, xeralmente en lombas e áreas planas ben drenadas, cunha precipitación inferior aos 1500 mm anuais. A súa rexeneración é moi lenta. A madeira é moi apreciada e emprégase en artesanía e construción.
-
loureiro real [Prunus laurocerasus, Fam das rosáceas]
Árbore de ata 8 m de altura, que presenta follas elípticas, coriáceas e brillantes, flores brancas dispostas en acios e froito en drupa de cor negro. Natural das terras próximas ao Mar Negro, plántase a miúdo en parques e xardíns. OBS: Tamén se denomina falso loureiro.
-
s
m
-
s
m
[ARTE]
Decoración en que se reproducen as follas ou ramas do loureiro.