Lousada, necrópole de

Lousada, necrópole de

Conxunto megalítico situado en Terra Chá. Están contabilizadas vinte mámoas, con cámaras de tamaño reducido. Dous dos dolmens construíronse con cachotería seca nunha parte do corredor. Nas escavacións atopáronse obxectos como machadas, micrólitos trapezoidais e cerámica lisa, incisa e campaniforme.

Palabras veciñas

Lousada | Lousada | Lousada, casa-torre de | Lousada, necrópole de | Lousadela | Lousadela, Santo Estevo de | Lousadelo