lozi

lozi
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo lozi ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do polo lozi.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo do S de África. A comezos do s XVII organizáronse en estruturas monárquicas centralizadas. Dominados por grupos procedentes do S a comezos s XIX, recuperaron a autonomía en 1864, pero tiveron que enfrontarse con británicos e portugueses. Sometidos á adminitración británica, conservaron unha importante autonomía política. Integrados en Rhodesia do Norte, formaron parte do novo estado de Zambia. A súa poboación, concentrada en Zambia, esténdese tamén por Namibia, Zimbabwe e Botswana. Dedícanse ao cultivo de millo miúdo e sorgo. A súa unidade de asociación é a familia nuclear que se organiza territorialmente ao redor de aldeas. A relixión, monoteísta, inclúe a existencia doutros espíritos e seres sobrenaturais inferiores. OBS: Tamén se denominan rotse.

  4. s m [LING]

    Lingua da familia bantú do phylum níxer-congo que fala o pobo lozi.