luba
-
adx
Relativo ou pertencente aos luba.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo luba.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo de África Central, de lingua bantú, que habita desde o N do lago Tangañica ata o río Zambeze, polos territorios da República Democrática do Congo e Zambia. No s XVI constituíron un poderoso reino que se impuxo sobre os pobos veciños e iniciou a súa expansión cara ao lago Tangañica no s XVIII. Durante o s XIX estendeuse cara ao NL e SL ata que, cara a 1870, tivo que enfrontarse cos comerciantes de escravos árabes. A chegada dos europeos marcou a fin do seu estado que foi sometido definitivamante polos belgas en 1917. Durante o Reino Luba creouse un complexo sistema tributario que permitía a redistribución da riqueza na rexión. O grupo gobernante tiña o monopolio do comercio do sal e diversos metais. A súa relixión tradicional baseábase na veneración dos antepasados, pero coa chegada dos belgas gran parte dos luba aceptou o cristianismo. Son famosas as súas esculturas de madeira.