lubricación
(< lubricar)
-
s
f
Acción de lubricar.
-
s
f
[TECNOL]
Técnica de impregnar cunha substancia, xeralmente oleosa ou graxosa, co obxectivo de reducir o fregamento entre as superficies sólidas que están en contacto mutuo para diminuír os efectos da fretaxe e evitar perdas de enerxía e o desgaste das pezas. Acádase a lubricación perfecta, denominada lubricación fluída, cando as dúas superficies sólidas quedan completamente separadas polo lubricante. No caso das máquinas simples a lubricación efectúase a man ou de maneira semiautomática, por capilaridade ou mediante un contagotas. As máquinas máis complexas van equipadas dun dispositivo de lubricación automático, que funciona segundo diversos procedementos, en que o lubricante é xeralmente reciclado. Nos motores de potencia específica normal, a cantidade de aceite no cárter permite ao lubricante que circula arrefriarse a cada pasada. Nos motores de gran potencia específica faise pasar o aceite a través dun intercambiador de calor do tipo aire-líquido (radiador). Nos motores de motocicleta de dous tempos, non se pode prever unha lubricación central e, por iso, bótaselle ao carburante unha proporción determinada de aceite.