Lucía

Lucía
[ONOM]

Antropónimo feminino que ten a súa orixe no nome latino Lucia, feminino de Lucius, nome moi frecuente pero de étimo incerto. Pódese pensar nun derivado de lucus ‘fraga sagrada’ ou en lux, lucis ‘luz’. O pobo entendeuno desta segunda maneira e poñíaselle este nome aos que nacían de día. Santa Lucía de Siracusa (283?-304?) celébrase o 13 de decembro, agás en Dumbría onde a celebran o 20 de maio.