Lugdunum

Lugdunum

Antiga cidade romana, que se corresponde con Lyon, fundada na confluencia do Ródano e do Saona en 43 a C, que se converteu na capital política, económica, militar e relixiosa das Galias. Contou cunha importante comunidade cristiá que sufriu as persecucións do 177 e marcaron o comezo do seu declive. Cara a  197 sufriu un devastador incendio e a finais do s III sufriu as primeiras invasións bárbaras.